Pandereteiras de Barro de Arén (Choir group from Barro de Arén, Cerdedo, Pontevedra)

~ Release by Pandeireteiras de Barro de Arén (see all versions of this release, 1 available)

Annotation

Un cento ou dúas ducias deles, e nós quixeramos facer uns breves apuntamentos sobre o xeito que teñen estas mulleres de cantalas e acompañalas.

No tocar das pandeiretas, notamos que de principio a fin só se saen do patrón básico de cada tocata para marcar a volta no baile da jota, con ese característico repenique seu que comparten coas mulleres de moitas outras aldeas, e que en lugares coma o lindeiro Caroi (Cotobade) chaman “refollo”. No resto de bailes, atopamos que as pandeiretas non fan máis paradas, petos ou repeniques, nin sequera para marcar a volta na muiñeira, como si ocorre noutras parroquias de ben preto (Presqueiras, Figueroa, Castro, Quireza…). O instrumento cóllese ao xeito máis habitual na nosa Terra, mais sempre coa man esquerda aberta (no caso de sermos destros). Tanto é así, que as pandeireteiras de Barro non lembran que as vellas de antes tocaran co puño pechado en ningún caso, cousa que tamén distingue a este lugar doutras parroquias coma as xa citadas. Tampouco tocan nin lembran que se tocaran outros instrumentos para acompañar ás pandeiretas, coma o pandeiro cadrado ou a lata de pemento. Se acaso unhas cunchas, pero nin moito.

No estilo do cantar da zona atopamos bastante estabilidade nas melodías e un timbre bastante natural en relación a outros lugares onde flutúan moito os tons, e o nivel de nasalidade é ben máis alto. Recréanse na ornamentación e matices dos cantares, mais con moito xeito, sen sobrecargas. Tamén tenden a altealos para que resoen as voces por riba das pandeiretas, pero sen chegar ao estilo case desgarrado doutras zonas galegas. A linguaxe tradicional resumiríao ben nun contundente “sábeno adonairar”.

No que se refire ás letras das cantigas, destaca que moitas, malia ser aprendidas no propio Barro, levan o retrouso en castelán e teñen un estilo común, sendo xeralmente jotas e valses. Isto fainos pensar nunha moi posible orixe foránea destes cantares, seguramente castelá, que habían traer os homes da zona cando voltaban de traballar de canteiros nas “Babias”, ou nas segadas de Castela. Pola outra banda, nas coplas que enchen estes cantares predomina o galego, lingua por suposto propia e habitual da nosa xente, e polo tanto ferramenta natural de comunicación tamén para as mulleres de Barro. Iso si, tamén nos sorprende que, de xeito aparentemente natural, ao cantar prefiran prescindir da súa habitual gheada na fala, así coma do chamado “-e paragóxico” ao final dos versos (cantar-e, saber-e).
Ficha da gravación:

Cantaron e tocaron:

Gumersinda Castro Porto (Ghumersinda das Dieghas, Barro 1927). Voz e pandeireta en todos os cortes agás o 1, 6, 7, 14 e 20.
Manuela Cortizo Medal (Manuela das Marianas, Cerdedo 1930). Voz e pandeireta en todos os temas agás o 1, 6 e 20-24.
Rosa Castro Porto (Rosa das Dieghas, Barro 1934). Voz nos cortes 2-5; 13, 15-18 e 26-32.
Alsira López Álvarez (Alsira dos Carballeiros, Barro 1926). Voz nos cortes 2-5; 13, 15-18 e 26-32.
Felicitas Martínez López (Feli da Helena, Barro 1932). Voz nos cortes 2-5; 13, 15-18 e 26-32.
María Martínez López (María da Helena, Barro 1939). Voz nos cortes 2-5; 13, 15-18 e 26-32.
Clara Ruzo Sueiro (Clara dos Ruzos, Meilide 1935). Voz e pandeireta nos cortes 13, 15-18 e 26-32.
José Cortizo Martínez (José da Fonte, Barro 1926). Voz nos cortes 6, 13, 31 e 32.

Tamén axudaron:

Sinda: voz no corte 19.
Marcelino:bucios no corte 1.
José da Bandeira : pandeireta no corte 32.
Guillerme Ignacio Costa: gaita de fol nos cortes 13 e 32.

Produción musical: Pandeireteiras de Barro de Arén/Guillerme Ignacio Costa.
Técnico de son: Valentín.
Deseño gráfico: Tent’a Toura.
Textos: Guillerme Ignacio Costa.

Gravado e mesturado nos estudios Phonos da Estrada entre os meses de Decembro do 2005 e Febreiro do 2006.

O noso fondo agradecemento ao Concello de Cerdedo pola seu decidido apoio a este proxecto. Tamén graciñas a José de Xirandola pola súa colaboración, e a Xerardo Albela dos Raiceiros polo punteiro de si

Annotation last modified on 2023-04-16 21:00 UTC.